MICE_OS CORPOS [ESTREA]

DATOS BÁSICOS

MICE 2021

20.00 | Os Corpos, de Eloy Domínguez Serén | Sección fóra de concurso | Estrea en Galicia | Teatro Principal | Coa presenza do director e parte da equipa do filme

 

Os corpos 

11 minutos / 2020 / Galicia 

[Estrea en Galicia]

Dirección: Eloy Domínguez Serén

Producción: Beli Martínez e Eloy Domínguez Serén

Gravación e montaxe: Eloy Domínguez Serén

Son en directo: Alba Domínguez Serén

Deseño de son: Eloy Domínguez Serén e Juan Carlos Blancas

Cor: Pablo Cayuela

 

Na provincia de Ourense festéxase cada ano unha das formas máis antigas de Entroido. Ao longo de varios días celébranse folións, farrapadas, corredoiros e baixadas con felos, cigarróns, pantallas e peliqueiros. Os singulares festexos, alumados con fachos e acompañados do estrondo de tambores, fílmanse de modo envolvente neste documental. As multitudinarias escenas nocturnas, con aglomeracións de xente a miúdo apiñadas, adquiren un significado adicional ao saber que esta celebración tivo lugar a finais de febreiro, só dez días antes do primeiro caso confirmado de Covid-19 en Galicia.

Detalle: A premiere mundial desta curta foi no IDFA de Amsterdam. Tamén fixo parte na competición internacional do festival Clermont-Ferrand e no FIC Xixón. 

Para máis información da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo: mice.museodopobo.gal

 

Duración: 
11 MIN
Información da billeteira: 

RETIRADA DE CONVITES EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 9 Abril, 2021
20:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural