MENTE REVÓLVER

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN LATIDOAMERICANO

Dirección: Alejandro Ramírez Corona

México / 2017 / Longametraxe / Ficción / Castelán,Inglés

Ficha artística

Baltimore Beltran, Paul Hertel, Adolfo Madera, Hoze Meléndez, Bella Merlin, Michael Ray.

Ficha técnica

Guión: Alejandro Ramírez Corona.
Fotografía: Víctor Dávila Camacho.
Música: Sonidero Travesura.
Produción: María del Carmen de Lara, Ana Hernández, Fernando Delgado, Alejandro Solar, UNAM, IMCINE.

Sinopse

Mario Aburto, que fora condenado por asasinar ao candidato presidencial Colosio en 1994, atópase libre despois de 20 anos de prisión e regresa á cidade de Tijuana para reconstruír a súa vida, que delira entre a fama histórica e a procura do anonimato para sobrevivir, no contexto das eleccións de 2018. Chicali é un mozo de 24 anos que entrou no negocio de asasinar a soldo por unha casualidade inesperada, pero quere deixalo, sabedor de que quen o intenta morre. Jenny é unha vagabunda estadounidense da cidade de Los Ángeles, de 58 anos de idade, que decide cruzar a fronteira cara México, para cambiar a súa condición. Jenny namórase de Chicali e encoméndalle o asasinato de Mario.

Duración: 
87 min
Información da billeteira: 

VENTA ANTICIPADA:

  • compostelacultura.gal
  • No Teatro Principal (de 15.30 a 22 h) para toda as proxeccións
  • En NUMAX (de 10 a 14 h e de 16 a 22 h) e en Multicines Compostela (de 16.40 a 22 h) para as proxeccións da propia sala.

VENTA INMEDIATA:

Ata 5 minutos antes do inicio de cada sesión.

  • No Teatro Principal, para as proxeccións de Teatro Principal, Salón Teatro, e Museo das Peregrinacións.
  • En Multicines Compostela e en NUMAX para as proxeccións da propia sala.

PREZO:

  • 4 euros
  • Abono 10 películas: 30 euros
Funcións: 
Xoves, 15 Novembro, 2018
21:45
Salón Teatro
Sábado, 17 Novembro, 2018
22:45
Multicines Compostela

UBICACIÓN