MEMORIA (2021)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN OFICIAL PANORAMA INTERNACIONAL

Apichatpong Weerasethakul

Colombia, Tailandia, Francia, Reino Unido, México, Alemaña / 136 min / Ficción / Inglés, español

Ficha artística

Tilda Swinton, Daniel Giménez Cacho, Jeanne Balibar, Juan Pablo Urrego, Elkin Díaz, Daniel Toro

Ficha técnica

Guión: Apichatpong Weerasethakul

Fotografía: Sayombhu Mukdeeprom

Edición: Lee Chatametikool

Produción: Kick the Machine, Burning Blue, Piano Producciones, Illuminations Films, Anna Sanders Films

Desde que un sonoro estrondo sobresalta a Jessica ao alba, é incapaz de durmir. Está en Bogotá para visitar á súa irmá, e faise amiga de Agnès, unha arqueóloga que estuda restos humanos descubertos dentro dun túnel en construción. Nunha pequena vila próxima, coñece a Hernán, un descamador de peixe. Ambos comparten lembranzas xunto ao río. Cando o día chega ao seu fin, unha sensación de claridade esperta en Jessica.

Nunha linguaxe cinematográfica serenamente realista e non místico, Apichatpong lévanos a un estado no que vivos e mortos, e pasado e presente existen un á beira do outro. Memoria é unha película fermosa e misteriosa, un cinema lento para degustar e experimentar con todos os sentidos.

Apichatpong Weerasethakul

(Tailandia, 1970)

Estudou Arquitectura en Tailandia e formouse en cinema en Chicago. É un dos poucos cineastas tailandeses que traballa fóra do estrito sistema de estudos estatal. As súas películas e instalacións a miúdo tratan sobre a memoria e abordan cuestións persoais, políticas e sociais. Blissfully Yours (2002) e Cemetery of Splendour (2015) son só dous títulos da súa prolífica filmografía.

Duración: 
136 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

 

 

Funcións: 
Venres, 19 Novembro, 2021
22:30
Salón Teatro
Mércores, 24 Novembro, 2021
22:15
Teatro Principal