PRODUCCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS
EscenaGZ
Clásicos?
Idades recomendadas: maiores de 13 anos
Lingua: galego
Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC
Xacobeo2021. Xunta de Galicia
Medida x Medida, das pezas máis complexas e ricas de Shakespeare, chega por fin ao galego da man de Quico Cadaval, gran amigo do bardo de Avon. A historia acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cae a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un mozo de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a súa irmá monxa, a abandonar o convento por tres días coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán.
Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a súa brancura virxinal. Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na sua carreira contra a morte. Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo, irrecoñecíbel baixo o hábito de frade mendicante.
Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval
Intérpretes: Evaristo Calvo, María Costas, Melania Cruz, Víctor Mosqueira, Josito Porto, Santi Romay e Patricia Vázquez
Espazo escénico, vestiario e deseño gráfico: Suso Montero
Espazo lumínico: Dani Juncal
Xefe técnico: Octavio Mas
Maquinaria e realización da escenografía: Pepe Quintela
Fotografía: Cristina Becerra
Vídeo: Masako Hattori e Marcos PTT Carballido
Xefe de produción: Rubén G. Pedrero
Dirección musical: Bernardo Martínez
Axudante de dirección: Carlos Santiago
C!
#POSFUNCION: día 21 de febreiro ao remate do espectáculo