MDR (MUERTO DE RISA) / LOS GALINDOS

Parque de Bonaval
DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C 2021

MDR (Muerto de risa)

Los Galindos

 

Idade recomendada: persoas adultas

Duración: 60 min

 

Concepto e dirección: Bet Garrell e Marcel Escolano

Dirección artística: Bet Garrell

Posta en escea: Stephane Filloc

Axuda á escrita e concepto escenográfico: Joël Fesel

Complicidade conceptual: Johnny Torres

Interpretación: Anicet Leone, Gabriel Agosti e Marcel Escolano

 

Os pallasos condenaron a un dos seus compañeiros á pena capital para deter a propagación dun virus letal, a Risa. Procuran un lugar onde levar a cabo a execución pública, un espazo que lles permitirá convivir coa hilaridade desde unha percepción liberada de prexuízos, sincera, áspera, pura e dura. Unha farsa inspirada nos axustizamentos públicos. Un crime improbable, un xuízo dubidoso e un castigo absurdo. O que non previron é que a súa natureza torpe e indómita, así como as súas ganas e a súa necesidade de divertirse, despistaranos do propósito repetidamente e terán que atopar as ferramentas ou situacións para chegar de novo ao difícil momento que viñeron a perpetrar. A risa é a materia mortal e o motor do espectáculo. Provocar risas significa que hai perigo de morte. Unha serie de execucións erradas, mortes, situacións delirantes e enganosas, onde será difícil descifrar quen é vítima e quen é verdugo.

 

A verosimilitude convivirá co xogo da farsa. Todo é un engano.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA: XOVES 29 DE XULLO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Teléfono 981 542 462 (HORARIO DE AGOSTO: de martes a sábado, de 11 a 14 h)
  • No caso de quedar entradas, repartiranse desde media hora antes do inicio do evento no lugar de celebración do mesmo.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 5 Agosto, 2021
21:00
Parque de Bonaval