MDLSX

DATOS BÁSICOS

 

MOTUS

Italia

En italiano con subtítulos en castellano

Dentro de ESCENAS DO CAMBIO

MDLSX é unha peza autobiográfica cunha soa intérprete, Silvia Calderoni. A actriz dá vida a un ser andróxino que cuestiona as barreiras entre xéneros. Un animal en transo que o New York Times describiu con paixón na súa crítica: “Silvia Calderoni debe estar feita de mercurio ou algún outro elemento líquido que aínda non se descubriu. Con seguridade ningún corpo de carne mortal pode someterse ás impredicibles transformacións que consegue esta notable performer en MDLSX, un traballo de codificación de percepcións de MOTUS, a troupe do teatro revolucionario”. E como di Paul B. Preciado: “o cambio necesario é tan profundo que se di que é imposible. Tan profundo que se di que é inimaxinable. Pero o imposible está por vir. E o inimaxinable é merecido”.

Tomando como punto de partida as músicas da súa vida, Calderoni cóntanos o descubrimento do seu corpo, a súa infancia e a súa adolescencia. Cóntanos todo. E é unha vida que, sen dúbida, merece ser contada, unha vida inclasificable, profundamente disidente, alegre, intelixente, e política.

A compañía italiana MOTUS, fundada nos anos noventa por Enrico Casagrande e Daniela Nicolò, está presente en festivais de referencia de todo o mundo, as súas producións navegan en augas fronteirizas a través das feridas, conflitos e contradicións do noso tempo.

Ficha artística

Dirección: Enrico Casagrande e Daniela Nicolò
Dramaturxia: Daniela Nicolò e Silvia Calderoni
Son: Enrico Casagrande
Colaboradores: Paolo Panella e Damiano Bagli
Iluminación e vídeo: Alessio Spirli
Produción: Elisa Bartolucci e Valentina Zangari
Distribuidor internacional: Lisa Gilardino
Produción: MOTUS 2015
En Colaboración con: La Villette – Résidence d’artistes 2015 París, Create to Conect (EU Project) Bunker/Mladi Levi Festival Ljubljana, Santarcangelo 2015 Festival Internazionale del Teatro in Piazza, L’Arboreto – Teatro Dimora di Mondaino, Marche Teatro. Co apoio de MiBACT, Regione Emilia Romagna

Duración: 
80
Entradas: 

entradas.ataquilla.com

Día do evento no despacho de billetes do Teatro Principal desde as 18.00 h

Funcións: 
Domingo, 10 Febreiro, 2019
20:30
Teatro Principal