MATINÉS 20´. ANDRÉS CEA

DATOS BÁSICOS

DE LUGARES E ÓRGANOS. MATINÉS 20´.

ÓRGANO: ANDRÉS CEA.

Un novo formato de concerto de 20 minutos de duración, que permitirá achegarse doutra maneira á música para órgano e coñecer, ao tempo, os seus intérpretes. Nesta ocasión, serán o sevillano Andrés Cea e a compostelá María José Cerviño os anfitrións que nos permitirán descubrir os órganos de San Miguel dos Agros e da igrexa das Ánimas. Para iso interpretarán e presentarán un repertorio da súa escolla, achegándonos igualmente ao seu oficio de organista, cada un desde a súa peculiar perspectiva.

Duración: 
20 MIN
Entradas: 

Entrada gratuíta previa retirada de convite.
Máximo 2 convites por persoa.
Prégase acudir cunha antelación mínima de 15 minutos. O uso de máscara é obrigatorio.
____
Reserva preferentemente online na web compostelacultura.gal
Horario do despacho de billetes do Teatro Principal: de luns a venres, de 18 a 20 horas.
De non poder asistir, por favor, comuníqueo no teléfono 981 54 23 49 no horario do despacho de billetes.

Funcións: 
Martes, 25 Agosto, 2020
12:30
Igrexa de San Miguel dos Agros