MARIA DE MEDEIROS & THE LEGENDARY TIGERMAN

Auditorio de Galicia
DATOS BÁSICOS

CANTACTRICES

Cantactrices é un programa incluído no Proxecto WOMARTS que conta co apoio do Programa Creative Europe da Unión Europea.

MARÍA DE MEDEIROS

Maria de Medeiros, actriz, cantante, realizadora e directora de escena, é "Artista pela Paz" da Unesco, "Oficial das Artes e das Letras" en Francia, e moitas veces premiada tanto como intérprete como polas súas creacións.

Nacida en Lisboa, criada en Viena, formouse no Conservatorio Nacional de París, onde comezou a súa carreira teatral.

Traballou con artistas de todo o mundo e tan diversos como o mestre portugués Manoel de Oliveira, os realizadores norteamericanos Phil Kaufman en "Henry & June" ou Quentin Tarantino en "Pulp Fiction", os cineastas-culto Bigas Luna, Guy Maddin, Abel Ferrara, ou Teresa Villaverde en "Três irmãos", que lle deu a Coppa Volpi á mellor actriz no Festival de Venecia.

Escribíu e dirixíu "Capitães de Abril", selecionado no Festival de Cannes, e varios documentais, entre eles o premiado "Repare Bem" no Brasil.

Dirixíu en París e no Teatro Municipal São Luis en Lisboa "Que cavalos são aqueles que fazem sombra no mar", de António Lobo Antunes.

Con tres obras discográficas editadas, entre elas "Pássaros eternos" como autora-compositora, presentouse en numerosos países, entre eles Europa, México, Canadá e Brasil.

24 MILA BACI

24 Mila Baci é o título romántico que designa o novo encontro de The Legendary Tigerman con Maria de Medeiros. Hai 10 anos, cruzáronse en Femina, adoptando o clásico de Nancy Sinatra "These Boots Were Made For Walking". Agora é nunha serie de músicas que marcaron a historia do cinema, unha arte que di tanto a ambos artistas, que o guitarrista-cantante e a actriz-cantante encontran o novo punto de partida para un diálogo íntimo, como unha gran escena dun filme que todos coñecemos mellor que ben, mais da que non conseguimos afastar os ollos. De Nino Rota ata nde a imaxinación os leve...

VISITA A WEBSITE: Wom@rts

Duración: 
90'
Entradas: 

14 € (descontos habituais do 50 %)

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Mércores, 13 Novembro, 2019
20:30
Auditorio de Galicia