MARATÓN CINEUROPA 2022

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

(POR ORDE DE PROXECCIÓN)

- THE LAIR (2022)

Neil Marshall

Reino Unido / 90 min / Ficción / Inglés, dari

Ficha artística:

Charlotte Kirk, Jamie Bamber, Jonathan Howard, Tanji Kibong, Leon Ockenden

Ficha técnica:

Guión: Neil Marshall

Fotografía: Luke Bryant

Música: Christopher Drake

Produción: Ashland Hill Media Finance, Hero Squared, Ingenious Media, Onsight, Rather Good Films, Scarlett Productions Ltd

Sinopse:

Na súa última misión en Afganistán, Kate, unha piloto da RAF, é ferida. Para fuxir dos seus perseguidores, refúxiase nun búnker que antigamente usaran os rusos para experimentaren con ADN alieníxena. A batalla entre soldados e monstros mutantes está servida, e Neil Marshall, director de The Descent, mergúllanos nunha frenética espiral de acción e gore.

Candidata a mellor película da sección Midnight X-Treme no Festival de Sitges

- PELÍCULA SORPRESA 1

- PROJECT WOLF HUNTING (2022)

Kim Hong-sun

Corea do Sur / 121 min / Ficción / Coreano

Ficha artística:

Seo In-guk, Jang Dong-yoon, Choi Guyhwa

Ficha técnica:

Guión: Kim Hong-sun

Fotografía: Yoon Ju-hwan

Edición: Shin Min-kyung

Produción: Cheum Film, Contents G

Sinopse:

Setembro do 2021. Un grupo de perigosos delincuentes coreanos ten que ser trasladado nun buque de carga de Manila a Busán. Acompáñanos a bordo o capitán da policía coreana Suk-woo e outros 22 detectives experimentados, cada un con polo menos dez anos de experiencia investigando crimes violentos. Axiña, a prisión flotante abandona o porto e comeza o seu camiño cara a Corea. Os prisioneiros están fortemente custodiados e todo está tranquilo a bordo ata que os criminais inician un motín.

Premio especial do xurado e mellores efectos especiais no Festival de Sitges 2022

- PELÍCULA SORPRESA 2

- LA NUIT DU 12 / A NOITE DO 12 (2022)

Dominik Moll

Francia, Bélxica / 114 min / Ficción / Francés

Ficha artística:

Bastien Bouillon, Bouli Lanners, Théo Cholbi

Ficha técnica:

Guión: Gilles Marchand, Dominik Moll. Baseado no libro de Pauline Guéna

Fotografía: Patrick Ghiringhelli

Edición: Laurent Rouan

Produción: Haut et Court, Versus Production

Sinopse:

Na policía xudicial todos os investigadores deben afrontar tarde ou cedo un crime que non dan resolto e que se volve unha obsesión. Para Yohan trátase do asasinato de Clara. Os interrogatorios sucédense e non faltan sospeitosos, pero as dúbidas de Yohan non deixan de medrar. Só hai unha certeza: o crime foi cometido a noite do 12.

Dominik Moll (Bühl, Alemaña). Estudou cinema na Universidade de Nova York. Nos anos posteriores mudouse a París, onde rodou multitude de curtametraxes. En 1993 dirixiu a súa primeira longametraxe, Intimidade, inspirada na novela de Jean-Paul Sartre. Seis anos despois rodou Harry, un amigo que vos quere, un filme de suspense que foi presentado na sección oficial en Cannes e que gañou catro premios César, o que se converteu no seu primeiro grande éxito internacional.

Estrea no Festival de Cannes 2022

- EL HOMBRE Y EL MONSTRUO (1959)

Rafael Baledón

México / 78 min / Ficción / Español

Ficha artística:

Enrique Rambal, Abel Salazar, Martha Roth, Ofelia Guilmáin, Ana Laura Baledón

Ficha técnica:

Guión: Alfredo Salazar, Raúl Zenteno

Fotografía: Raúl Martínez Solares

Edición: Carlos Savage

Produción: Cinematográfica ABSA

Sinopse:

Desexoso de acadar sona e fortuna, un pianista frustrado véndelle a súa alma ao demo en troco de se converter no meirande músico de todos os tempos. A partir daquel intre, o home transformarase nun monstro sedento de sangue cada vez que a orquestra executa certa melodía e deixará tras de si un ronsel de brutais crimes.

- PELÍCULA SORPRESA 3

Duración: 
XX
Entradas: 

6 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Venres, 18 Novembro, 2022
22:00
Teatro Principal
MULTIMEDIA

PROJECT WOLF HUNTING (2022) Official Trailer

The Lair (2022) (Trailer HD) - Neil Marshall

Banda aparte / Tráiler oficial España

The Night of the 12th / La Nuit du 12 (2022) - Trailer (English Subs)