MARÉ. MÚSICA E ARTES ATLÁNTICAS

DATOS BÁSICOS

Cunha edición renovada e á altura dos grandes festivais, 'maré, músicas e artes atlánticas' volve do 23 ao 26 de setembro a Compostela. Serán catro días ateigados de actividades dentro dunha programación multidisciplinar que suma máis de 30 propostas musicais e artísticas procedentes dunha decena de países, que sitúan Galiza no epicentro da vangarda creativa mundial.

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia, o parque de San Domingos de Bonaval e outros clubs e emprazamentos do patrimonio monumental servirán de acubillo a esta nova edición.

- CONSULTA TODA A PROGRAMACIÓN E INFORMACIÓN NA SÚA PÁXINA WEB

Entradas: 

Información en mare.gal

Funcións: 
Xoves, 23 Setembro, 2021 a Domingo, 26 Setembro, 2021
Varios lugares