SECCIÓN OFICIAL INTERNACIONAL
Dirección: Hirokazu Kore-eda
Xapón / 2018 / Longametraxe / Ficción / Xaponés
Ficha artística
Lily Franky, Sakura Ando, Mayu Matsuoka, Kirin Kiki, Sôsuke Ikematsu, Moemi Katayama.
Ficha técnica
Guión: Hirokazu Kore-eda.
Fotografía: Ryuto Kondo.
Música: Haruomi Hosono.
Produción: Kaoru Matsuzaki, Akihiko Yose, Hijiri Taguchi.
Sinopse
Despois dun dos seus habituais furtos, Osamu e o seu fillo atopan unha nena na rúa, entumecida de frío. Ao principio, a muller de Osamu non quere que quede con eles, pero acaba apiadándose dela. A pesar de sobrevivir con dificultades grazas a pequenos roubos, a familia é feliz, ata que un incidente imprevisto revela un segredo que pon a proba os lazos que os unen.
Premios
- Palma de Ouro en Cannes 2018.
- Premio ARRI/OSRAM á mellor película no Festival de Múnic 2018.