MAIS ALTO AÍNDA

DATOS BÁSICOS

CIRCO

Cía. Dessastronauts

Idade recomendada:  Para todos os públicos

 

O novo show de Circo Expreso tras o éxito de Un Día de Praia. Unha muller forte, intelixente, atractiva e divertida topa cun home... estúpido. El ha facer o que sexa para estar con ela, e ela fará todo o posible por escapar. Ela é dona de si mesma, el é infantil.

Veremos como a súa loita frenética se intensifica a medida que atopan un trapecio de balanceo, cordas aéreas dobres e un hula-hoop de lume ata chegar a un incrible e emocionante número de aéreo de voo.

Desastronauts volven co seu exitoso dúo de acrobacias aéreas, humor e enredos de parella no aire con números de tan altísimo nivel como trapecio en voo que porán a pel de galiña a calquera espectador polo seu risco e espectacularidade sen comparación en Galicia.
 

Duración: 
45 min
Información da billeteira: 

Entrada gratuíta previa retirada de convite

Máximo 2 convites por persoa

Prégase acudir cunha antelación mínima de 15 minutos. O uso de máscara é obrigatorio. 

____

Reserva preferentemente online na web compostelacultura.gal

Horario do despacho de billetes do Teatro Principal: de luns a venres, de 18 a 20 horas.

De non poder asistir, por favor, comuníqueo no teléfono 981 54 23 49 no horario do despacho de billetes.

En caso de choiva, os eventos ao aire libre serán cancelados

Funcións: 
Xoves, 27 Agosto, 2020
20:00
Praza da Quintana
MULTIMEDIA

Máis alto aínda, de Desastronauts

UBICACIÓN