DANZA
Cía. Colectivo Glovo
Idade recomendada: Para todos os públicos
A peza xurde como unha necesidade de investigación de movemento, basado no mundo dos refuxiados e das fronteiras. Barreiras fronteirizas que, durante séculos, colocamos entre mundos, países e persoas. Esta distancia, real e hipotética, sitúa a ambos intérpretes nunha relación de aproximación e afastamento, de poder e de sublevación, compartindo unha mesma premisa común: a imposibilidade de fronteira con nós mesmos.
Esta relación convirte ao intérprete en rebelde, débil, compasivo, agresivo, obediente e invasivo co outro, dando como resultado unha relación visceral humana. Preguntámonos, ¿que lles pasa aos homes que na violencia sobrepasan o interdicto?