MÚSICA E EVOLUCIÓN

DATOS BÁSICOS

Pablo Carpinteiro Arias, presentador e músico

Rosa Sánchez, cantadora e percusionista

(Música tradicional)

 

23 de febreiro ás 10.00 e 12.00 h

24 de febreiro ás 10.00 h

Idade recomendada: 3º a 6º Primaria

 

24 de febreiro ás 12.00 h

Idade recomendada: ESO e Bacharelato

 

Duración: 60 min

Lingua: galego

 

Neste concerto didáctico empréganse 43 instrumentos musicais galegos diferentes usando un fío condutor que consiste en explorar o paralelismo entre a evolución da nosa especie e o desenvolvemento físico e musical dun neno e unha nena galegos. É un concerto que corresponde a nova disciplina da biomusicoloxía.

Explicamos como se desenvolvían as vidas musicais de nenos e de nenas dentro da nosa cultura tradicional e imos vendo como cada proceso ten unha base relacionada coa nosa evolución como especie e coa nosa bioloxía e psicoloxía. Tamén repasamos os comportamentos musicais dos adultos e exploramos a súa importancia para o mantemento das nosas sociedades. Explícanse as últimas teorías sobre á aparición e importancia da música na especie humana, como a da musilingua ou a influenza do desenvolvemento fetal e da selección sexual nos comportamentos musicais.

Expoñemos a nosa teoría da orixe infantil dos instrumentos musicais a través da comparación dos instrumentos que fabricaban e tocaban os nosos nenos/as e os achados nas escavacións paleolíticas. Tamén afondamos e recalcamos a enorme importancia das mulleres na música humana, na organización das nosas sociedades antes do patriarcado e na xeración de cohesión social a través da música que elas facían.

Duración: 
60 min
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que enviaremos aos centros de ensino en setembro.

Funcións: 
Xoves, 23 Febreiro, 2023
10:00
Auditorio de Galicia
Xoves, 23 Febreiro, 2023
12:00
Auditorio de Galicia
Venres, 24 Febreiro, 2023
10:00
Auditorio de Galicia
Venres, 24 Febreiro, 2023
12:00
Auditorio de Galicia