MÚSICA 2022

DATOS BÁSICOS

PROGRAMACIÓN MÚSICA 1º SEMESTRE 2022

A concellería de Acción Cultural presenta unha programación de Música para os primeiros meses do ano que completa o programa de abono da Real Filharmonía de Galicia-Auditorio de Galicia. Así, serán un total de sete concertos no Auditorio de Galicia entre xaneiro e abril: Sés, Morgan, Los Secretos, Manel, Uxía e Javier Ruibal, Enric Montefusco e Mercedes Peón.

Entradas á venda mañá, martes 21 de decembro, ás 11.00 h, tanto na web compostelacultura.gal como de forma presencial na Zona C, na Praza de Cervantes. (Sés e Los Secretos, en ataquilla.com).

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Luns, 20 Decembro, 2021 a Sábado, 30 Abril, 2022
Varios lugares