THE LUZHIN DEFENCE / A DEFENSA LUZHIN

DATOS BÁSICOS

Dirección: Marleen Gorris

Reino Unido, Francia / 2000 / Longametraxe / Ficción / Inglés, Italiano

Ficha artística

John Turturro, Emily Watson, Stuart Wilson, Geraldine James, Christopher Thompson, Peter Blythe, Fabio Sartor.

Ficha técnica

Guión: Peter Berry (Novela: Vladimir Nabokov).
Fotografía: Bernard Lutic.
Música: Alexandre Desplat.
Produción: Renaissance Films / Clear Blue Sky Productions / France 2 Cinema / ICE3 / CRG International / Lantia Cinema, Audiovisivi / Magic Média.

Sinopse

Finais dos anos 20. O tímido e inxenuo Luzhin, gran mestre de xadrez, viaxa ao norte de Italia para xogar a partida da súa vida. O seu talento desenvolveuse utilizando o xadrez como táboa de salvación fronte ao mundo exterior, mermando os mecanismos de defensa contra as agresións do mundo real. En Italia coñece a Natalia, quen se sente inmediatamente atraída polo errático pero portentoso talento de Luzhin. Ela logrará abrir os seus ollos cara ao mundo exterior.

Duración: 
109 min
Entradas: 

Entrada libre ata completar aforo.

Funcións: 
Venres, 16 Novembro, 2018
11:30
Museo das Peregrinacións