CINEUROPA | DOCS CINEUROPA
Iratxe Fresneda
España / 65 min. / Documental / Éuscaro, francés, inglés, alemán
Ficha técnica:
Guión: Iratxe Fresneda
Música: Anari, Uxue Alberdi, Joseba Irazoki
Fotografía: Iratxe Fresneda
Sinopse:
O filme relata a viaxe persoal e cinematográfica dunha muller da man de cineastas como Theo Angelopoulos, Bego Vicario, Rut Hillarp ou Wim Wenders. A súa visión do que é o cine, o que se agocha dentro das imaxes crúzase, nesta road movie de non-ficción, co mundo da apicultura, da arquitectura, da paisaxe humana e da luz do norte. Lurralde Hotzak é cine dentro do cine e transita por localizacións cinematográficas que cobran novos sentidos ao seren revisitadas por unha mirada contemporánea. Dende as paisaxes de terra adentro, queimados polo sol, pasando pola luz azul das terras ao norte, o filme reflexiona sobre os arquivos cinematográficos, a súa vixencia e a súa importancia como tesouro cultural. Ao mesmo tempo, outórgalle á arqueoloxía cinematográfica un novo sentido ao situala en interacción con imaxes do presente.