L'ULTIMA DONNA / A ÚLTIMA MULLER

DATOS BÁSICOS

Dirección: Marco Ferreri

Francia, Italia / 1976 / Longametraxe / Ficción / Francés

Ficha artística

Gérard Depardieu, Ornella Muti, David Biggani, Michel Piccoli, Giuliana Calandra, Renato Salvatori, Zouzou, Nathalie Baye.

Ficha técnica

Guión: Marco Ferreri, Rafael Azcona, Dante Matelli.
Fotografía: Luciano Tovoli.
Música: Philippe Sarde.
Produción: Flaminia Produzioni Cinematografiche / Les Productions Jacques Roitfeld.

Sinopse

Gérard é enxeñeiro nunha fábrica de Créteil nos arredores de París. A súa muller Gabrielle acode ás reunións do Movemento de Liberación Feminino e acaba por abandonalo por razóns puramente feministas. A parella ten un neno, Pierrot, ao que Gérard ama profundamente e do que se fai cargo tras o abandono da súa muller. Un día, tras levalo ao médico, establece unha relación con Valérie, a puericultora que atende o pequeno. Ela preparábase para viaxar a Tunes con Michel, un amante ocasional, pero acaba aceptando instalarse, durante algún tempo, na casa de Gérard.

Duración: 
112 minutos
Entradas: 

Entrada libre ata completar aforo

Funcións: 
Luns, 26 Novembro, 2018
17:00
Sede Afundación