LONGA VIAXE CARA… ALGÚN LUGAR. FERNANDO FRANCO

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2019

LONGA VIAXE CARA… ALGÚN LUGAR.

A EXPERIENCIA FÍLMICA DE FERNANDO FRANCO

Cada proceso de realización dunha película é unha nova viaxe iniciática. En cada comezo, o cineasta asume o papel de aprendiz. E, como en cada expedición, sábese de onde se partirá pero non a onde se chegará e, sobre todo, como se chegará. A creación cinematográfica implica unha inmersión nos desexos, nas necesidades e nas inquietudes máis profundas do autor. Pero esa viaxe, que debe ser persoal e libre, é tamén un traballo en equipo. E, nese equilibrio entre a liberdade creativa, o equipo e los recursos dispoñibles, o cineasta ten que tomar decisións, facer sacrificios e atopar solucións. Esa longa viaxe a través da incerteza, transformará á persoa, levándoa a un novo lugar no que non estivo nunca antes. Neste obradoiro, Fernando Franco, gañador do Premio Goya no 2014 como director novel pola película La Herida, exporá a súa forma de navegar ese periplo.

PARA COMPLETAR A INSCRICIÓN NESTE OBRADOIRO, É NECESARIO SEGUIR OS SEGUINTES PASOS:

  1. FACER A COMPRA A TRAVÉS DESTA PÁXINA
  2. GARDAR O XUSTIFICANTE DA COMPRA NO TEU ORDENADOR
  3. COMPLETAR O FORMULARIO DISPOÑIBLE NA WEB DO FESTIVAL NESTE LINK, ENGADINDO OS TEUS DATOS E CARGANDO O XUSTIFICANTE DA COMPRA

Fernando Franco

Licenciado en Comunicación Audiovisual e Titulado en Montaxe pola Escuela de Cinematografía e Audiovisual da Comunidade de Madrid (ECAM). Montou máis de trinta longametraxes entre as que destacan Blancanieves, Que Dios nos perdone ou Viaje al cuarto de una madre, tres títulos polos que foi nomeado ao Goya á Mellor Montaxe. En paralelo, vén realizando os seus propios proxectos como guionista e director. Concretamente, as longametraxes La herida (2013), Premio Especial do Xurado de San Sebastián, polo que gañou o Goya ao Mellor Director Novel e a súa protagonista, Marian Álvarez, o de Mellor Actriz e a Concha de Prata. No 2017 estrea Morir (2017), tamén no Festival de San Sebastián, polo que Andrés Gertrudix é nomeado ao Goya ao Mellor Actor. No terreo docente, coordina a Diplomatura de Montaxe na ECAM e colabora con diversos centros como a EICTV de Cuba, a Pompeu Fabra, a ESCAC ou a Universidade Autónoma de BCN.

Máis información na web de Curtocircuíto.

Duración: 12 horas

5 de Outubro de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h | 6 de Outubro de 10:00 a 14:00 h

 

Prazas: 25 (5 reservadas para estudantes da USC)

Xerais: 25 €

Estudantes da USC: 12 € (estas prazas só se poderán adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal onde se acreditará a condición de estudante da USC)

Duración: 
12 horas
Entradas: 

Xerais: 25 €

Estudantes da USC: 12 € (estas prazas só se poderán adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal onde se acreditará a condición de estudante da USC)

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Sábado, 5 Outubro, 2019
10:00 a 20:00
Domingo, 6 Outubro, 2019
10:00 a 14:00