LETÍCIA RAMOS 2

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

LETÍCIA RAMOS 2

Letícia Ramos

Leticia Ramos é científica da arte. Unha viaxeira que percorre os séculos revolucionando a invención sobre as formas de representación do mundo. Constrúe, a partir de eventos históricos e fenómenos naturais, conexións simbólicas entre política, ciencia e imaxinación, nas que se cruzan futuro e pasado. Na súa investigación sobre fotografía analóxica usa escultura, maquetas e efectos especiais para crear paisaxes imaxinarias; relatos e fabulacións que cobran vida mediante fotografía, película e instalación.

Os seus traballos foron expostos en espazos como a Tate Modern, Moreira Salles Institute, Itaú Cultural, Fundación Iberê Camargo, Berardo Collection Museum, CAPC Musée d’art Contemporain (Bordeaux) e Pivô Art Center. Forman parte de coleccións como as da Fundación Botín, Itaú Cultural, Nouveau Musée de Monaco, Museu de Arte Moderna de São Paulo, Museu de Arte Moderna do Rio de Janeiro e a Pinacoteca do Estado de São Paulo.

Man 2

Letícia Ramos | 2018 | 01:30 | Brasil

En A resistencia do corpo (serie á que pertence Man 2), Leticia Ramos establece un entorno controlado co obxecto de por a proba as reaccións dun corpo perante actividades habitualmente relacionadas con manifestacións na rúa. Filmando con cámaras, bonecos e modelos, a artista pon a proba o lanzamento de obxectos, o impacto de canóns de auga e a comunicación por teléfono móbil, simulando o repertorio visual de estudos científicos como os realizados polos enxeñeiros estadounidenses Frank e Lilian Gilbreth. Retomando os estudos realizados sobre a eficiencia dos corpos para aumentar a produtividade dos traballadores tras a Revolución Industrial, o traballo cuestiona a representación visual da violencia e amosa como as imaxes (algunhas delas case abstractas) poden servir como forma de opresión real e simbólica.

Estrea en España

Dropspike

Letícia Ramos | 2021 | 05:00 | Brasil

"En Dropspike, a película máis recente de Leticia Ramos, unha grande esfera brillante xorde inexplicablemente de entre montañas xeadas. Unha voz robótica anuncia que a esfera aparecerá simultaneamente en diferentes lugares a medida que o xeo se derreta. Este elemento estraño interrompe a monotonía da paisaxe e combínase coa sensación de dilatación do tempo e con unha narración incompleta para producir unha sensación inquietante e difícil de clasificar, a medio camiño entre a constatación melancólica do noso final inminente e a renovación dun vínculo que non ten posibilidade de comprensión racional" (Fernanda Brenner).

Estrea en Europa

Vostok

Letícia Ramos | 2014 | 07:30 | Brasil

En 2012, os científicos da base de investigación rusa Vostok conseguiron tomar mostras dun lago subglacial, a 4 km por debaixo da superficie do xeo. Estas mostras son "cápsulas do tempo" da época na que o continente antártico comezaba a conxelarse. Foi un científico ruso o que enviou un submarino en miniatura ás xélidas augas do lago subglacial, intrigado pola orixe da vida e pola paisaxe prehistórica do océano profundo. O filme resultante é unha investigación sobre a representación da vida submarina no Polo Sur, protagonizada por lagos subpolares, submarinos rusas, a era preglacial e as lúas de Xúpiter.

Estrea en España

Bitácora (vento solar)

Letícia Ramos | 2012 | 04:36 | Brasil

O proxecto inspírase na escala de Beaufort e nas súas peculiares descricións visuais do efecto do vento na terra e no mar. O artista conseguiu, para rodar a película, unha cámara específica baseada nas imaxes dos primeiros submarinos de madeira, as exploracións polares e a tecnoloxía Polaroid. A partir de tres cámaras Polaroid, e de seis obxectivos usados para fotografías 3x4, construíu a súa propia "cámara de vento" para rexistrar a paisaxe ártica.

Estrea en España

A illa nula

Letícia Ramos | 2020 | 06:29 | Brasil

A illa nula construíuse empregando imaxes de cámaras web situadas no sector escuro da estación Amundsen Scott do Polo Sur, na Antártida. Cada 90 segundos, as cámaras tiran unha fotografía. Ramos traballou durante meses capturando estas fotografías e recompilándoas nunha animación stop motion. Os fenómenos naturais que se suceden na paisaxe condénsanse. Horas de película tornan en segundos, revelando marabillas naturais que serían invisibles a simple vista pola súa extensa temporalidade. La isla nula contén tamén material rodado por Ramos na Antártida, así como imaxes producidas con modelos no seu estudio de São Paulo durante o confinamento. A película foi encargada polo Jeu de Paume e foi proxectada dentro do programa "Futurs d'avant" dentro do "Espace Virtuel" do Jeu de Paume de París.

Estrea en España

Duración: 
25 min
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Os días de festival, desde 1 h antes do comezo da primeira sesión ata o comezo da última sesión. Tel.: 981 542 349
  • Numax: Entradas só para as proxeccións que teñan lugar nesta sala. Horario: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. Se hai proxección fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio. Teléfono: 981 560 250

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Xoves, 6 Outubro, 2022
21:30
NUMAX