LES ENFANTS DES AUTRES / OS FILLOS DOS OUTROS

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

LES ENFANTS DES AUTRES / OS FILLOS DOS OUTROS (2022)

Rebecca Zlotowski

Francia / 104 min / Ficción / Francés

Ficha artística:

Virginie Efira, Roschdy Zem, Antonia Buresi.

Ficha técnica:

Guión: Rebecca Zlotowski

Fotografía: Georges Lechaptois

Edición: Géraldine Mangenot

Produción: Les Films Velvet

 

Sinopse:

Rachel ten 40 anos, non ten fillos. Ela ama a súa vida: os seus estudantes de secundaria, os seus amigos, os seus ex, as leccións de guitarra. Ao namorar de Ali, encaríñase tamén de Leila, a súa filla de 4 anos. Coida a nena como se fose súa. Pero amar os fillos doutras persoas é un risco que paga a pena correr...

 

Rebecca Zlotowski (París, Francia). Graduada pola Ecole Normale Supérieure e pola Fémis, graduada en Literatura Moderna, dirixe Belle Epine (Semana da Crítica de Cannes 2010), Grand Central (na selección oficial de Cannes 2013), Planetarium (2016) con Natalie Portman, que se presentou no Festival de Cinema de Venecia, e Unha moza fácil (Premio SACD na ‘Quinzaine des réalisateurs’ de Cannes 2019). Os fillos dos outros é a súa quinta longametraxe.

 

Sección oficial a concurso no Festival de Venecia 2022

Duración: 
104 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Martes, 15 Novembro, 2022
21:15
Teatro Principal
Sábado, 19 Novembro, 2022
19:45
Teatro Principal
MULTIMEDIA

Trailer de Les enfants des autres (HD)