L`ENFER D`HENRI-GEORGES CLOUZOT (2009)

DATOS BÁSICOS

A ÚLTIMA PELÍCULA. O CINEMA, NO CINEMA

MAR 17, 16:00 | AUDITORIO (SALA MOZART)

Serge Bromberg, Ruxandra Medrea
Francia/ 102 min. / Documental / Francés

Ficha técnica:
Guión: Serge Bromberg
Fotografía: Jérôme Krumenacker, Irina
Lubtchansky
Edición: Janice Jones
Produción: Serge Brombers, Marianne Lère

En 1964, Henri Georges Clouzot elixe a Romy Schneider e Serge Reggiani como actores para L’Enfer. Un proxecto enigmático e insólito, un orzamento ilimitado, un filme que sería todo un acontecemento cinematográfico. Pero despois de tres semanas de rodaxe o proxecto interrómpese e as imaxes non verán a luz. Estas imaxes bloqueadas inicialmente por razóns xurídicas, desaparecen e considéranse perdidas. Despois de medio século,estas imaxes esquecidas atópanse e son máis asombrosas do que a lenda prediciu. Elas contan un filme único, a tolemia e os ciumes filmados con cámara subxectiva, a historia dunha rodaxe maldita e a historia de Henri Georges Clouzot, quen deu renda solta ao seu xenio como cineasta. Nunca Romy Schneider estivo tan hipnótica. Este filme mostra L’Enfer que rodou Clouzot e conta a historia dun naufraxio magnífico.

Duración: 
100 MIN
Entradas: 

VENDA E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Martes, 17 Novembro, 2020
16:00
Auditorio de Galicia