SECCIÓN DEREITOS HUMANOS: A MEMORIA É PRESENTE
Dirección: Feras Fayyad
Dinamarca, Siria / 2017 / Longametraxe / Documental / Árabe
Ficha técnica
Guión: Feras Fayyad.
Fotografía: Fadi Al Halabi, Thaer Mohamad, Mujahed Abou Al Joud, Hassan Kattan.
Música: Karsten Fundal.
Produción: Larm Film / Aleppo Media Center.
Sinopse
Despois de cinco anos de guerra en Siria, as persoas que quedan en Aleppo prepáranse para un asedio militar. A traxedia indescritible que sofre o pobo sirio móstrasenos a través da loita diaria e heroica dos voluntarios da ONG Defensa Civil Siria, coñecidos como os cascos brancos.
Premios
- Mellor documental (World Cinema) no Festival de Sundance 2017.