SECCIÓN LATIDOAMERICANO
Dirección: Juan Villegas
Arxentina / 2018 / Longametraxe / Ficción / Castelán
Ficha artística
Pilar Gamboa, Santiago Gobernori, Valentín Oliva, Camila Fabbri, Valeria Santa.
Ficha técnica
Guión: Juan Villegas.
Fotografía: Inés Duacastella.
Música: Gabriel Chwojnik.
Produción: Felicitas Raffo, Andrés Longares, Juan Villegas, Celina Murga, CepaAudiovisual, TresmilmundosCine.
Sinopse
Martín e Laura teñen pouco máis de trinta e cinco anos. Cando eran adolescentes tiveron un fillo, Pablo, que agora ten dezaoito. Casualmente, Laura, Pablo e Martín coinciden no mesmo edificio en Vila Gesell, para pasar uns días de vacacións xunto ao mar no comezo do verán. Esta viaxe será a oportunidade para que Martín e Laura reencontren o amor, pero tamén para recoñecerse como pais de Pablo.