LAS MUCHAS

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

Las Muchas é un espectáculo de pequeno formato construído con veciñas do pobo onde reside a compañía. O espectáculo vai acompañado dun taller previo de 4 días con mulleres locais de máis de 60 anos.

O corpo no tempo.

Las Muchas fala de fraxilidade, desa que ten que ver coa idade, con corpos que xa non pertencen ao “corpus” do social, que xa deixan de estar no mercado oficial, pero máis vivos que nunca e sobre todo máis libres: corpos que respiran, pesan, bailan, seducen, móvense e sitúanse doutra maneira. Deixarse escoitar e deixarse atravesar polas experiencias vividas: físicas, emocionais, accidentais, políticas, de encubrimento e de compromiso.

Espectáculo dentro de DANZA A ESCENA, circuito artístico promovido polo INAEM que desenvolve La Red Española de Teatros.

+INFO: Web do espectáculo

Duración: 
35
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.
Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Venres, 28 Setembro, 2018
20:30
Teatro Principal