PENTACIÓN ESPECTÁCULOS
Idade recomendada: adultos
Duración: 90 min
Lingua: castelán
As irmás Claire e Solange Lemercier son as criadas dunha dama da alta burguesía francesa. Todas as noites inician unha cerimonia perversa, un ritual onde a realidade e a ficción se mesturan nun xogo mortal de cambio de identidades. Claire é a señora e Solange é Claire. Solange é a señora e Claire é Solange. Son seres alienados, faltos de identidade. Non hai irmá boa e irmá mala, as dúas alternan os papeis constantemente, porque ningunha existe por si soa, porque son as dúas caras dun mesmo personaxe. A xenreira e a rabia de ser conscientes do seu destino de criadas lévaas a un desenlace fatal.
Autoría: Jean Genet
Dirección: Luis Luque
Tradución: Paco Bezerra
Adaptación: Paco Bezerra
Escenografía: Espacio escénico: Monica Boromello
Vestiario: Almudena Rodríguez
Música: Luis Miguel Cobo
Iluminación: Felipe Ramos
Elenco artístico: Ana Torrent, Alicia Borrachero e Jorge Calvo
Web do espectáculo: Las Criadas