LAS BUENAS INTENCIONES/ THE GOOD INTENTIONS (2019)

DATOS BÁSICOS

AVISO: O día que aparece o primeiro pase, é domingo 24 porque pasa das 00.00 h pero queremos advertir que a proxección é na noite do sábado ao domingo.

CINEUROPA | LATIDOAMERICANO

Ana García Blaya

Arxentina / 85 min / Drama-comedia / castelán

Ficha artística

Javier Drolas, Amanda Minujín, Ezequiel Fontanela, Carmela Minujín, Sebastián Arzeno, Jazmín Stuart, Juan Minujín

Ficha técnica

Guión: Ana Garcia Blaya

Principios dos noventa en Bos Aires. Amanda ten 10 anos, dous irmáns menores e pais separados cos que conviven de xeito alterno. Cando están co pai, a rapaza vese na obriga de ocupar o lugar do adulto e de coidar –como pode-, de todos, xa que Gustavo é un tipo bastante particular que ama os seus fillos apenas un pouco máis que a si mesmo. Un día, a nai propón unha alternativa fóra do país, lonxe da desorganizada vida do pai, e a Amanda esa proposta déixaa en xaque.

Crítica Cineuropa

Hai unha sobreexplotación da expresión “un filme fresco”, pero a verdade é que é moi difícil non usala para falar de Las buenas intenciones, ópera prima de Ana García Blaya. Esta película, ambientada no Bos Aires de principios dos 90, utiliza imaxes de diversa procedencia (de arquivo e tamén rodadas para a ocasión cun aspecto inequívoco de vídeo doméstico). Aquí, padres desastrados pero encantadores coidan desleixadamente de fillas que aprenden rápido a desenvolvérense soas por supervivencia. Unha espectacular playlist de hits de rock arxentino da época (algúns deles interpretados pola banda do pai da directora) visten o conxunto con vitalidade contaxiosa
 

Duración: 
85 min
Entradas: 

VENDA ANTICIPADA:

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 22.00 h (para as proxeccións de todas as salas)
  • Despacho de billetes dos Multicines Compostela: de 17.00 a 22.00 h (para as proxeccións de Multicines Compostela)
  • Despacho de billetes de NUMAX: luns de 17.15 a 22 h; de mates a venres de 10.30 a 14 h e de 15.30 a 22 h; sábados, domingos e festivos, de 11 a 14 h e de 15.30 a 22 h (para as proxeccións de NUMAX)

VENDA INMEDIATA:

Ata 5 minutos antes do inicio de cada sesión

  • Despacho de billetes do Teatro Principal (para as proxeccións do Teatro Principal e Salón Teatro)
  • Despacho de billetes de Multicines Compostela (para as proxeccións de Multicines Compostela)
  • Despacho de billetes de NUMAX (para as proxeccións de NUMAX)

VENDA DE ABONOS

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes do Teatro Principal
Funcións: 
Domingo, 24 Novembro, 2019
00:15
Salón Teatro
Domingo, 24 Novembro, 2019
20:40
Multicines Compostela