SECCIÓN OFICIAL INTERNACIONAL
Dirección: Yeo Siew Hua
Singapur, Francia, Países Baixos / 2018 / Longametraxe / Ficción / Mandarín, Inglés, Bengalí
Ficha artística
Peter Yu, Liu Xiaoyi, Luna Kwok, Jack Tan, Ishtiaque Zico, Kelvin Ho, George Low, Andie Chen.
Ficha técnica
Guión: Yeo Siew Hua.
Fotografía: Hideho Urata.
Música: Teo Wei Yong.
Produción: Akanga Film Asia / Films de Force Majeure / Volya Films.
Sinopse
Wang, un traballador chinés que vive na área industrial de Singapur sofre un accidente laboral e comeza a angustiarse pola posibilidade de ser repatriado. Incapaz de durmir, frecuenta un cibercafé no medio da noite. Coa esperanza de atopar algunha forma de contacto humano nunha terra na que se sente marxinado, fai unha amizade en liña que termina sendo moito máis sinistra do esperado. Cando Wang desaparece repentinamente, o policía Lok é chamado a investigar o caso descubrindo unha historia inesperada.
Premios
- Leopardo de Ouro á mellor película no Festival de Locarno 2018.