LA SOLEDAD DE WALLY

DATOS BÁSICOS

ELAHOOD

EscenaGZ. TerritorioMulleres

Idade: adultos

La soledad de Wally é unha produción de danza urbana, que consta de 4 pezas individuais unidas por unha temática común, pero exploradas desde diferentes puntos de vista. O sorriso dunha estraña, compartir unha lasaña de espinacas, espertarse cun berro de bos días, unha aperta. Cando as relacións sociais son indispensables para as persoas e a ausencia delas ten consecuencias tan negativas, por que é tan difícil admitir que nos sentimos sós?

WATER: Un cuarto, unha muller, o fluír dos seus pensamentos e un intento de saída. Observar movemento desde a quietude desexando que forme parte dela mesma

IMPERMEABLE: (substancia) que non permite o paso da humidade, a auga ou outro líquido (persoa) Que é indiferente a una emoción ou sentimento.

PROTOCOLO: Canta realidade atopas nas túas relacións? Cantas veces falas sen sentir e cantas veces sentes sen falar?

PIPAS AL AIRE: A que idade deixamos de xogar? Xogar, xogar e xogar, para crear, para compartir, para ser, para crecer e para crecer aínda máis.

 

Creación, dirección e interpretación: Sabela Domínguez e Julia Laport

Deseño iluminación: Sabela Ramos

Vestiario: Kaylighe Reid "Gzell Designs"

Fotografía: Iria Casal

Foto cartaz: Daniel Vázquez "El Búnker 108"

Música: Adrián Vidal, Miguel Thomas e Iago Blanco

Asesoramento interpretativo: Ramiro Neira e Sabela Ramos

Asesoramento coreográfico: Rachel Kay

Deseño gráfico: Alejandra Grela

Produción: Elahood e Artestudio Xestión CUltural 

Axudante de produción: Sabela Ramos

 

 

Club C!

#POSFUNCION. ao remate da función o 26 de abril os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.

#POÑER O CORPO.  o xoves 25 de abril de 17:30 a 20:30 h no Centro Xove da Almáciga. Elas tamén bailán. Obradoiro de danza urbana con perspectiva de xénero. Actividade impartaida polas compoñentes do espectáculo La soledad de Wally, cun primeiro repaso sobre a orixe do mesmo e a danza urbanda dende a perspectiva das mulleres creadoras.

Duración: 
50'
Entradas: 

10 € (descontos habituais do 50%)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

 

Teléfono: 981 542 349.

Funcións: 
Venres, 26 Abril, 2019
20:30
Teatro Principal