LA PARTIE D’ÉCHECS / A PARTIDA DE XADREZ

DATOS BÁSICOS

Dirección: Yves Hanchar

Bélxica, Francia, Suíza / 1994 / Longametraxe / Ficción / Francés

Ficha artística

Pierre Richard, Denis Lavant, Catherine Deneuve, James Wilby, Delphine Bibet, Hilde Heijnen, Harry Cleven.

Ficha técnica

Guión: Yves Hanchar, Josiane Morand.
Fotografía: Denis Lenoir.
Música: Frédéric Devreese.
Produción: France 3 Cinéma.

Sinopse

Ano 1828. Max é un neno de 12 anos, orfo e vagabundo, que está a piques de suicidarse tirándose por un cantil. Por fortuna, Ambroise, un pastor que casualmente pasa preto de Max, evítao no ultimo instante. Esa mesma noite, Ambroise ensínalle a Max a xogar ao xadrez e o neno queda fascinado. Deseguida, e tan só coa primeira partida e as regras máis básicas, Ambroise decátase de que Max está especialmente facultado para o xadrez, amosando as aptitudes dun xenio.

Duración: 
105 min
Información da billeteira: 

Entrada libre ata completar aforo

Funcións: 
Xoves, 15 Novembro, 2018
11:30
Museo das Pregrinacións

UBICACIÓN