LA FLOR DE LA VIDA

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN LATIDOAMERICANO

(Pode verse tamén o venres 9 ás 18 h no Salón Teatro nun pase dobre con 'Conversaciones alrededor de un piano que vino de Europa' de Queyi)

Dirección: Claudia Abend,Adriana Loeff

Uruguai / 2017 / Longametraxe / Documental / Castelán

Ficha artística

Ficha técnica

Guión, edición e produción: Claudia Abend, Adriana Loeff.
Fotografía: Jackie Bourdette, Fabio Berrutti.
Música: Lito Vitale.

Sinopse

Aldo e Gabriella levan case 50 anos de matrimonio, teñen tres fillos e varios netos e prepáranse para vivir a súa vellez en tranquilidade. Pero algo non está ben. Aqueles mozos que se apaixonaron o un polo outro nos anos 50, que xuraron amarse e acompañarse ata o último día, están distanciados. As súas personalidades, os seus intereses e as súas formas de ver o mundo xa non son as mesmas. E ao cumprir os 80 comezan a preguntarse: por que estamos xuntos?

Premios

  • Premio do público ao mellor documental no Festival de Málaga.
  • Premio especial do xurado no Festival Internacional de Cine Documental È Tudo Verdade – Brasil.
Duración: 
86 min
Entradas: 

VENTA ANTICIPADA:

  • compostelacultura.gal
  • No Teatro Principal (de 15.30 a 22 h) para toda as proxeccións
  • En NUMAX (de 10 a 14 h e de 16 a 22 h) e en Multicines Compostela (de 16.40 a 22 h) para as proxeccións da propia sala.

VENTA INMEDIATA:

Ata 5 minutos antes do inicio de cada sesión.

  • No Teatro Principal, para as proxeccións de Teatro Principal, Salón Teatro, e Museo das Peregrinacións.
  • En Multicines Compostela e en NUMAX para as proxeccións da propia sala.

PREZO:

  • 4 euros
  • Abono 10 películas: 30 euros
Funcións: 
Martes, 20 Novembro, 2018
17:45
Museo das Peregrinacións