LA DESNUDEZ

DATOS BÁSICOS

DANIEL ABREU

Idade: adultos

DANZA A-ESCENA

INAEM

La red española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de titularidad pública

Comisiones artísticas de la Red

Daniel Abreu, Premio Nacional de Danza en 2014, asina esta proposta poética sobre o saber quererse. Canda el en escena, a bailarina Dácil González. Dúas figuras apuntando unha idea de polaridade e de viaxe dende a morte ao amor. La Desnudez responde a ese lugar de intimidade, onde xa non existen as preguntas. A beleza na nudez do que hai e o que acontece.

Gran triunfadora na última edición dos Premios Max con galardóns en tres categorías: Mellor Espectáculo de Danza, Mellor Coreografía e Mellor Interpretación Masculina de Danza, a obra é unha proposta poética sobre o saber quererse. Dúas figuras en escena, apuntando unha idea de polaridade e de viaxe desde a morte ao amor. Onde acompaña a música, o músico, o son grave do vento no metal. La desnudez responde a ese lugar de intimidade, onde xa non existen as preguntas. A beleza na nudez do que hai e o que acontece. Ás veces o sublime dunha man que toca e intercambia calor e suor, e ás veces quere mal.

Dirección, coreografía e espazo: Daniel Abreu

Iluminación: Irene Cantero

Intérpretes: Dácil González e Daniel Abreu

Música: Collage

Mestra: Lipi Hernández

Coordinación técnica: David Benito

Coprodución: Teatros del Canal e Festival Danzatac

Colabora: Auditorio de Tenerife, Centro de Danza Canal e Teatro Victoria de Tenerife

web: danielabreu.com

 

Club C!

#POSFUNCIÓN ao remate da función o 27 de abril os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.

Duración: 
60'
Entradas: 

10 € (descontos habituais 50%)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

 

Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Sábado, 27 Abril, 2019
20:30
Teatro Principal