SECCIÓN OFICIAL NOVAS/OS CINEASTAS
SECCIÓN PARALELA LATIDOAMERICANO
Micaela Gonzalo
Arxentina / 77 min / Ficción / Español
Ficha artística
Mora Arenillas, Rafael Federman, Jimena Anganuzzi
Ficha técnica
Guión: Micaela Gonzalo, Lucía Tebaldi
Fotografía: Federico Lastra
Edición: Valeria Racioppi
Produción: El Ojo Extraviado, Corinthian Media
Jimena viaxa a Río Grande, illa de Tierra del Fuego, no extremo sur de Arxentina ao encontro do seu medio irmán Mariano. Case non ten cartos para viaxar, pero apáñase para chegar alí coa esperanza de ter unha vida mellor nesa rexión manufactureira. O vento, o frío, e o complexo contexto de crise económica son o marco onde Jimena desenvolverá a empatía polas persoas que a rodean e o sentimento de pertenza, mais tamén un lugar onde aprenderá a coñecerse mellor a si mesma.
A ópera prima de Micaela Gonzalo entrelaza destramente o drama familiar e social nunha recóndita poboación da arxentina Tierra del Fuego. O difícil encontro de dous irmáns que apenas se coñecen, vai evolucionar ao mesmo tempo que a crise na fábrica de teléfonos móbiles na que ambos traballan. A folga e ocupación solidaria da fábrica polos traballadores, poñerá ao espido os comportamentos individuais e contradicións dos personaxes nun filme que remite ao mellor dos irmáns Dardenne ou Ken Loach.
Gran premio «coup de cœur» no Festival de Cine Latino de Toulouse
Micaela Gonzalo
(Bos Aires, Arxentina, 1987)
Estudou cinema no Centro de Investigación e Experimentación en Video e Cinema de Bos Aires. En 2016, a súa curta Toda mi alegría foi gañadora do concurso Historias Breves do INCAA e estreouse internacionalmente en 2018 na Berlinale 68. En 2017 obtivo o premio primer guión do Fondo Nacional das Artes para a súa ópera prima La chica nueva.