SECCIÓN DEREITOS HUMANOS: A MEMORIA PRESENTE
Ambos días contaremos coa presencia dos directores Lucía Palacios e Dietmar Post para presentación e coloquio.
Dirección: Lucía Palacios, Dietmar Post
Alemaña, España / 2018 / Longametraxe / Documental / Castelán
Ficha técnica
Guión: Dietmar Post, Lucía Palacios.
Asesor histórico: Francisco Espinosa.
Edición: Karl-W. Huelsenbeck & Gertrudis Hantschnk.
Produción: Dietmar Post.
Sinopse
Ata o día de hoxe, ninguén foi xulgado polo exterminio organizado que tivo lugar durante o golpe de estado, a guerra civil e a ditadura encabezada por Franco, nin se reparou ás vítimas. Máis de 100.000 persoas continúan desaparecidas. Despois de que o intento de Baltasar Garzón de xulgar estes crimes fracasase en 2010, vítimas de franquismo presentan ese mesmo ano unha querela en Bos Aires, a coñecida como Querela Arxentina. La causa contra Franco presenta casos de crimes concretos incluídos na Querela Arxentina. Ao intercalar material de arquivo en parte inédito coa metraxe actual, e ao contextualizar histórica e legalmente cada caso, a película ofrece novas evidencias.