SECCIÓN O PRESENTE É MULLER
Dirección: Darya Zhuk
Bielorrusia, Alemaña, Estados Unidos, Rusia / 2018 / Longametraxe / Ficción / Ruso, Inglés
Ficha artística
Alina Nasibullina, Ivan Mulin, Yury Borisov, Svetlana Anikey, Ilya Kapanets.
Ficha técnica
Guión: Helga Landauer.
Fotografía: Carolina Costa.
Edición: Sergey Dmitrenko, Michal Leszczylowski.
Produción:Birgit Gernböck, Olga Goister, Debbie Vandermeulen, Valery Dmitrotchenko.
Sinopse
Velya é unha moza de 22 años licenciada en dereito que soña con mudarse a Chicago e traballar como DJ profesional. É 1996 e vive na Minsk postsoviética. O país está a sufrir unha crise económica con alto desemprego, e os seus cidadáns reciben pagos en especie. Para poder obter unha visa e cumprir o seu soño, Velya debe proporcionar unha evidencia na embaixada de que ten un emprego permanente.
Premios
- Gran Premio no Festival Internacional de Cine de Odessa.