Ayumu Watanabe
Xapón / 110 min. / Animación / Xaponés
Ficha técnica:
Guión: Daisuke Igarashi
Música: Joe Hisaishi
Sinopse:
A vida de Ruka cambia para sempre o día que coñece a Umi (mar) e Sora (ceo), dous misteriosos mozos que posúen unha conexión sobrenatural co océano.
Ruka é unha estudante de secundaria á que lle custa expresar os seus sentimentos. De visita no acuario onde traballa seu pai, ve dous mozos misteriosos nadando entre as baleas. Son Umi (‘mar’) e seu irmán Sora (‘ceo’), que foron criados por dugongos (grandes criaturas mariñas) e parecen escoitar a mesma estraña chamada do océano ca ela. Este encontro entre os tres parece activar unha serie de fenómenos sobrenaturais, pero hai quen sabe que estes sucesos están relacionados cos rapaces e tratarán de utilizalos no seu propio beneficio. Serán capaces os seres humanos de deixar de lado as súas diferenzas para resolver o misterio da vida?