JUAIT + LORENZO SENNI A/V

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO

Juait

Juait é da costa atlántica galega. As súas influencias musicais proceden en grande parte da Gran Bretaña, ao norte, e do veciño Portugal, ao sur. As súas producións e sets caracterízanse pola influencia dos ritmos rotos, os breaks, electro, grime e a escena club experimental.

Dentro do corpus sonoro deste produtor de Santiago de Compostela crúzase todo un mural de referencias en crecemento, de falanxes e encadeamentos rítmicos que inclúen o tarraxo, os ritmos británicos, as percusións e os ambientes máis escuros. O obxectivo é somerxer ao ouvinte nun océano embebido nun crisol calidoscópico de experiencias e estados emocionais xurdidos da heterodoxia dance.

Baixo a súa propia bipolaridade, establecida entre a euforia raver e a intimidade das súas atmosferas circundantes, Juait deixa a súa pegada nun calidoscopio de variacións empapadas dunha personalidade cibernética única e refulxente.

Lorenzo Senni

Lorenzo Senni nunca foi raver. Medrando en Rimini, o artista quedou fascinado pola cultura dance ao ver aos seus amigos interactuar cun mundo químico tinguido de neón que non coincidía co seu. Senni era un voyeur da rave. Estudiaba o hedonismo dende a distancia, fascinado polo seu encanto maximalista e expresivo.

Quantum Jelly publicouse en 2012 e supuxo para el o comezo dun desafío continuo. Desenvolveu o seu propio estilo experimental a través da súa curiosidade de observador alleo, o trance puntillista, usando a linguaxe estética da música de baile.

En Persona (2016) Senni amplía o trance fluído dos seus primeiros discos a un formato HD, engadindo memorables ganchos pop que parecen tirados dun anime ou dun videoxogo. Scacco Matto continúa nesta liña: é un album de cancións, non de ideas, e, aínda que o son sigue estando baseado no Roland JP-8000, a influencia do trance está xa no ADN da composición, non só na superficie. Trátase dun álbum sarcástico que se nutre do humor, nunha escena cada vez máis dominada polo tecno de escala de grises e a iconografía escura.

Senni ve a súa música reflexada na obra do fotógrafo John Divola: non está destruindo a música de baile, senón problematizándoa. Antes era un voyeur, agora é un contacontos con anos de experiencia á espalda que se reflexan nas súas decisións. É máis atrevido, fai mofa das fórmulas comerciais e critícaas dende a sensibilidade, habilidade e experiencia. En Scacco Matto, Lorenzo Senni completa un puzzle agónico e fai un guiño á cámara: xaque mate.

John Twells

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 8 Outubro, 2022
22:30
Sala Capitol