JONAS QUI AURA 25 ANS EN L’AN 2000 / JONAS QUE TERÁ 25 ANOS NO ANO 2000 (1976)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN PARALELA PAÍS CONVIDADO: SUÍZA. HOMENAXE A ALAIN TANNER

Alain Tanner

Suíza / 110 min / Ficción / Francés

Ficha artística

Nicolas, Myriam Mézières, Jean-Luc Bideau, Myriam Boyer, Rufus

Ficha técnica

Guión: Alain Tanner, John Berger

Fotografía: Renato Berta

Edición: Brigitte Sousselier

Produción: Citel Films, Action Films, SFP SSR

Xunto con A salamandra, Jonas que terá 25 anos no ano 2000 é a película máis soada de Alain Tanner, tamén é a que impuxo case definitivamente certa marca do cineasta para o público: mestura de seriedade e de humor coa crítica social como fondo, utopía agridoce de personaxes librados aos seus pensamentos e ás súas pantasmas nun mundo que non sempre está feito para eles. Pero esa opinión sobre o filme e o director pode levar a un malentendido, como lembra Serge Daney nun texto esencial sobre a película. Jonas que terá 25 anos no ano 2000 non ten nada de «ficción unanimista» de esquerda, lugar de reabsorción das loitas sociais en nome da nostalxia. Se a película rexistra os estados da alma, os soños da xeración do '68 sen violencia nin odio non é para trazar un cadro tranquilizador ou para converter aos militantes de onte en personaxes simpáticos, senón máis ben para salientar a ferida secreta e pouco amosada dun conxunto de seres que desobedecen a orde social para non prestarse á regra sacrosanta do conflito aberto. Os «oito Ma» do filme (oito personaxes cuxos nomes empezan coa mesma sílaba, probablemente en alusión a Mao) loitan coas súas propias armas, que raramente son políticas pero que pertencen todas á súa infancia, espazos de xogo e de liberdade infinitos que o sistema non pode recuperar. Ese eloxio da infancia irredutible no seo da xeración do '68, é unha das ensinanzas da película: «Jonas é un filme didáctico sen leccións, un filme enciclopédico sen conclusión», un filme libre. Fréderic Bas

Duración: 
110 MIN
Entradas: 

Entrada de balde, previa retirada de convite

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

 

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

 

Funcións: 
Venres, 19 Novembro, 2021
18:30
Multicines Compostela