JE VOUS SALUE, MARIE / EU SAÚDOTE, MARÍA

DATOS BÁSICOS

Dirección: Jean-Luc Godard

Francia, Suíza, Reino Unido / 1985 / Longametraxe / Ficción / Francés

Ficha artística

Myriem Roussel, Thierry Rode, Philippe Lacoste, Juliette Binoche, Manon Andersen, Malachi Jara Kohan.

Ficha técnica

Guión: Jean-Luc Godard.
Fotografía: Jean-Bernard Menoud, Jacques Firmann.
Música: J.S. Bach.
Produción: Pégase Films / Sara Films / JLG Films / Gaumont / TSR / Channel Four Films.

Sinopse

María é unha moza normal que xoga ao baloncesto e axuda a seu pai nunha gasolineira. Un día descobre que está embarazada, a pesar de non deitarse con ningún home, nin tan sequera co seu mozo Xosé, un taxista que non acredita a situación que está a vivir. Eu saúdote, María é unha das películas máis polémicas do cinema europeo de todos os tempos pola súa libre interpretación do embarazo da Virxe María. O mesmo Papa Xoán Paulo II chegou a condenala duramente de forma pública.

Premios

  • Premio Interfilm - Otto Dibelius na Berlinale 1985.
Duración: 
72 min
Entradas: 

Entrada libre ata completar o aforo

Funcións: 
Venres, 16 Novembro, 2018
20:45
Sala Agustín Magán