JAVIER PERIANES

DATOS BÁSICOS

CICLO DE PIANO ÁNGEL BRAGE

JAVIER PERIANES, piano

'EVOCACIÓN'

En The Telegraph califican a Javier Perianes como “un pianista de impecable e refinado gusto, dotado duna extraordinaria calidez sonora”. A súa carreira internacional lévao a tocar nas salas máis prestixiosas do mundo. Agora, chega a Compostela cun programa no que interpreta obras de Chopin, Debussy e de Falla.

Programa

F. Chopin: Nocturnos op. 48 (núm. 1 e 2)

F. Chopin: Sonata núm.3 en Si menor op. 58

C. Debussy: Estampas

M. de Falla: Cuatro Piezas Españolas

M. de Falla: El Sombrero de Tres Picos (selección)

Duración: 
90' aprox.
Entradas: 

12 € (Descontos habituais 50%)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

 

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Venres, 29 Marzo, 2019
20:30
Auditorio de Galicia