JAURÍA

DATOS BÁSICOS

EL PAVÓN TEATRO KAMIKAZE

TerritoriodasMulleres

Idades recomendadas: adultos

Lingua: castelán

Comisiones Artísticas de la Red

 

3 a.m. do 7 de xullo de 2016. Festas de San Fermín. Eles son cinco. Son La Manada. O máis novo, e membro máis recente, debe pasar polo seu rito de iniciación. Tras cruzarse cunha moza no centro de Pamplona, os cinco de La Manada ofrécense para acompañala até o seu coche, aparcado na zona do souto de Lezkairu. No camiño un deles accede ao portal dun edificio e chama ao resto. Agarran á moza e métena no portal.

Dramaturxia a partir das transcricións do xuízo realizado á Manada, construída integramente con fragmentos das declaracións de acusados e denunciante publicadas en varios medios de comunicación. Un xuízo no que a denunciante é obrigada a dar máis detalles da súa intimidade persoal que os denunciados.

Jauría recibiu o XVI Premio Cultura Contra la Violencia de Género 2019 outorgado polo Ministerio de Igualdad pola súa contribución na erradicación da violencia contra as mulleres.

Autor: Jordi Casanovas
Dirección: Miguel del Arco
Intérpretes: Pablo Béjar, Fran Cantos, Álex García, María Hervás, Franky Martín, Ignacio Mateos, Javier Mora, Raúl Prieto e Martiño Rivas
Voz en off: Israel Elejalde
Dirección de produción: Aitor Tejada e Jordi Buxó
Produción executiva: Pablo Ramos Escola
Escenografía e vestiario: Alessio Meloni Iluminación: Juan Gómez Cornejo Deseño de son: Sandra Vicente Fotografía: Vanessa Rábade
Deseño gráfico: Patricia Portela Distribución: Caterina Muñoz Luceño Comunicación: Pablo Giraldo
Axudante de dirección: Xus de la Cruz Guía didáctica: Nando López
Estudante en prácticas: Luis Izquierdo Agradecementos: Rita Deiana, Lucía López, Paz de Manuel, Isabel Valdés

Unha produción de Kamikaze Producciones, Milonga Producciones, Hause & Richman Stage Producers e Zoa Producciones para El Pavón Teatro Kamikaze

El Pavón Teatro Kamikaze é Premio Nacional de Teatro 2017

 

© imaxe: Vanessa Rabade

 

Duración: 
85 min
Información da billeteira: 

14 € (descontos habituais do 50 %)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

 

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Xoves, 12 Marzo, 2020
20:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia