JAMES RHODES

DATOS BÁSICOS

"A música que interpreto nesta nova xira fala dos nosos mundos internos e externos. Dende a interioridade de Beethoven e a espiritualidade de Chopin ata o alegre e grandilocuente  mundo de Bach, mergullarse no mundo destes grandes compositores e bríndanos unha oportunidade única para fuxir da tolemia do mundo que nos rodea e recargarmos un pouco as pilas”.

Carismático, visceral e moi talentoso, James Rhodes asegura que Bach lle salvou a vida. Así o explicou no limiar do seu primeiro libro, “Instrumental. Memorias de música, medicina e tolemia”  (7ª edición, máis de 100.000 exemplares vendidos) co que acadou un enorme e inesperado éxito.

Rhodes converteuse nun dos maiores divulgadores da música clásica no mundo grazas ás súas xiras por todo tipo de festivais e salas, e por varios documentais sobre a súa figura filmados coa complicidade de canles de televisión británicas.

O seu libro máis recente “ Fugas”. “Fire on all sides” na súa versión orixinal- repasa unha das súas xiras máis importantes, e recolle as vivencias, medos e derivas emocionais do seu día a día, sempre rodeado da música que tanto ama.

Reverenciado pola crítica polo seu estilo irreverente e innovador, Rhodes aporta un toque moi persoal ás súas interpretacións. E a súa actuación este ano en Santiago de Compostela promete ser máxica  e non deixar indiferente a ninguén.

 

 Programa:

L van Beethoven: Sonata in D minor Op 28 ‘Pastoral’

F Chopin: Nocturne in C minor Op 48/1

JS Bach arr F Busoni: Toccata, Adagio & Fugue in C BWV 564

Entradas: 

Venda de entradas por internet en

Ataquilla.com

Os prezos van dos 26 aos 62 euros (*precio mínimo sen comisión)

 

Funcións: 
Venres, 1 Marzo, 2019
21:00
Auditorio de Galicia