IT COMES (2019)

DATOS BÁSICOS

FANTASTIQUE COMPOSTELA

MAR 10, 17:00 | SALÓN TEATRO
MAR 17, 16:30 | TEATRO PRINCIPAL

Tetsuya Nakashima
Xapón / 134 min. / Ficción / Xaponés

Ficha artística:
Junichi Okada, Nana Komatsu, Satoshi Tsumabuki, Haru Kuroki, Takako Matsu

Ficha técnica:
Guión: Tetsuya Nakashima, Hideto Iwai, Nobuhiro Monma
Fotografía: Ryoken Okamura
Edición: Yoshiyuki Koike
Produción: Minami Ichikawa, Genki Kawamura, Tomoya Nishino

Hideki leva unha vida perfecta, polo menos ata que un día un compañeiro de traballo lle dá o aviso de que ten unha visita.
Cando chega á recepción non hai ninguén, pero atopa un informe sobre a súa filla que non naceu. Dous anos máis tarde,
o compañeiro morre misteriosamente e unha presenza sinistra axexa a casa de Hideki, que decide recorrer a un exorcista.

Tetsuya Nakashima
(Fukuoka, Xapón, 1959)
Realizador publicitario, debutou en 1997 con Happy-Go-Lucky. Cultivou un grande éxito con Kamikaze girls (2004). Confessions (2010) e O mundo de Kanako (que formou parte da programación de Cineuropa 2014) confirmárono como un dos directores máis interesantes de Xapón.

Duración: 
134 MIN
Entradas: 
  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

 

PRÉGASE USO PREFERENTE PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS DA PÁXINA WEB COMPOSTELACULTURA.GAL

 

CONSULTA PROTOCOLO ACCESO ESPECTÁCULOS NO PORTAL DESTA WEB

Funcións: 
Martes, 17 Novembro, 2020
16:30
Teatro Principal