IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER

DATOS BÁSICOS

COMPAÑÍA HUMANA

Idade recomendada: >12 anos

Duración: 75 min

Lingua: galego

Foco A voltas cos clásicos

#posfunción: 16 de febreiro ao remate da función

Iphixenia, unha nin-nin de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía dando voltas polas rúas da súa vila. Unha noite coñece un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. A partir de entón, unha serie de circunstancias alleas levará a protagonista a sufrir unha grande perda. Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar os deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara á sociedade que a marxina.

Interpretación: Alba Caneda

Dirección escénica: Sara Rey

Espazo escénico: As dúas e punto (C. Casal e Ma Torres)

Iluminación: As dúas e punto (C. Casal e Ma Torres

Vestiario: Compañía Humana

Espazo sonoro: Marcos Grandal

Texto orixinal: Gary Owen

Tradución: Compañía Humana

Adaptación: Fran Peleteiro e Alba Caneda

Duración: 
75 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Venres, 16 Febreiro, 2024
20:30
Teatro Principal