Teatro, danza e circo
Recomendado para alumnos da ESO e Bacharelato
De onde vimos? Cara a onde imos? Por que estamos aquí? O Circo, a danza e o teatro serán o lenzo para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta, a súa violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu provir incerto. Tres actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do seu destino.
Involución é a obra máis ambiciosa de Alfredo Muiño, unha obra que leva perfeccionando no tempo todos estes anos e que por fin sae á luz.
Ficha artística
Dirección: Pablo Sánchez
Coreografía: Bárbara Monteagudo
Deseño de iluminación: Alfonso Castro
Deseño espazo sonoro: Brais das Hortas
Deseño vestiario: Sigrid Blanco