INAUGURACIÓN UNDÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2019

DATOS BÁSICOS

A undécima convocatoria do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas achega á sala Isaac Díaz Pardo as obras que un xurado experto vén de seleccionar de entre os 109 propostas presentadas. É sempre entusiasta a participación e de interese os proxectos recibidos, dos que se teñen seleccionado 35:

Aitor-Víctor, Amine Asselman, Pablo Barreiro, Daniel Berges Visanzay, Rut Briones & Raquel Durán, Teresa Búa, Samuel Castro, David Catá, Charlito, Marcos Covela, Marcos Covelo, Roi Domínguez, Iago Eireos Franco, Yatir Fernández, Basilisa Fiestras, Sara Fuentes, María Gar, Julia Huete, Tania Lameiro, Rebeca Lar, Joan Morera, Sol Mussa, Myrce, Marta Pereira Fernández, Ana Pérez Ventura, Lara Pintos, Sabela Porto, Mar Ramón Soriano,  Brais Rodríguez, José Andrés Santiago, Borja Santomé, Carla Souto, Dennise Vacarello, Diego Vites e Ariadna Yánez.

Artistas galegas / os ou residentes en Galicia, menores de corenta anos que presentan propostas variadas, que percorren todas as disciplinas artísticas e onde se enfrontan a traballos de investigación que dan como resultado pezas de moi diferente perfil: a identidade, o territorio, a arte urbana, os milenials, a inocencia, a fraxilidade, a enfermidade, a música, a historia, o mercado, a economía, a precariedade, a inmigración, o íntimo, os selfies, a mirada, as fronteiras, os medios de comunicación, a paisaxe, a ecoloxía, a emigración, a mitoloxía, o entorno doméstico, a narrativa, o fanzine, a dependencia emocional, o equilibrio, a desmaterialización da pintura ou a consciencia lingüística son algúns dos temas.

Un premio que pretende recoñecer e apoiar o talento e dar a coñecer a creación contemporánea en Galicia.

 As obras premiadas con dotación económica serán escollidas nunha nova convocatoria do xurado e os premios faranse públicos e serán outorgados durante o acto de inauguración da mostra.

 

Outorgaranse os seguintes premios:

- Un premio premio de 6.000 €

- Un segundo premio de 3.000 €

- Un terceiro premio de 2.000 €

 

A publicación será recollida no sitio web e-auditoriodegalicia.net

A inauguración é aberta ao público. Non se precisa invitación.

Información da billeteira: 

A inauguración o 11 de xullo será ás 20.00h con entrada de balde

____________

HORARIO HABITUAL

Entrada gratuíta

Todos os días de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h

(Os días de concerto a sala de exposicións pecha ás 19.00 h)

Funcións: 
Xoves, 11 Xullo, 2019
20:00
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia