INAUGURACIÓN PERENCONTRO

DATOS BÁSICOS

A Zona "C" acolle a última das intervencións que foron seleccionadas, na segunda edición, por un grupo de expertos baixo a denominación de Proxectos de intervención artística ven nutrindo a programación da Zona 'C':  Amine Ansselman, Olalla Castro e Nicoleta Moise, Marcos Covelo, Aarón Sanromán e agora a artista Alejandra Pombo que co proxecto 'Perencontro' (a través do encontro) convidanos a visitar de novo este espazo.

Alejandra poñerá as condicións para dar lugar ao Perencontro con dous artistas invitados para a ocasión deste proxecto: Mårten Spångberg e Josu Bilbao.

Alejandra Pombo (Santiago de Compostela, A Coruña,  1979). Doutora en belas artes cunha tese sobre os paradoxos e efectos da introdución da noción de performance no campo da arte. O o seu traballo artístico atópase na fronteira das artes visuais, o cinema e as artes en vivo para explorar o concepto de presenza a través de diferentes aproximacións. Actualmente, o seu traballo céntrase na realización de películas nas que xa non só experimenta o modo de realizalas senón tamén o modo de dalas a ver.

Entradas: 

HORARIO DÍA DA INAUGURACIÓN (16 de xaneiro)

19.30 h

 

HORARIO HABITUAL

De 16.00 a 20.00 h

Luns pechado

Funcións: 
Mércores, 16 Xaneiro, 2019
19:30
Zona "C"