INAUGURACIÓN #CINEUROPA32

DATOS BÁSICOS

O Teatro Principal acolle a cerimonia de apertura da trinta e dúas edición do festival Cineuropa que ata o 28 de novembro enche de cinema Compostela.

Finalizada a gala inaugural poderemos gozar co primeiro dos filmes desta edición 'La noche de 12 años' do director Álvaro Brechner, premio do público no Festival de Cine Latinoamericano de Biarritz en 2018.

 

La noche de 12 años

Dirección: Álvaro Brechner

Uruguai, Arxentina, España / 2018 / Longametraxe / Ficción / Castelán

Ficha artística

Antonio de la Torre, Chino Darín, Alfonso Tort, César Troncoso, Soledad Villamil, Sílvia Pérez Cruz.

Ficha técnica

Guión: Álvaro Brechner.
Fotografía: Carlos Catalán.
Música: Federico Jusid.
Produción: Alcaravan / Haddock Films / Hernández y Fernández P.C / Manny Films / Movistar+ / Salado Films / Tornasol Films / ZDF/Arte.

Sinopse

Ano 1973. Uruguai está baixo o poder da ditadura militar. Unha noite de outono, nove presos Tupamaros son sacados das súas celas nunha operación militar secreta. A orde é precisa: "como non puidemos matao, imos volvelos tolos". Os tres homes permanecerán illados durante 12 anos. Entre eles estaba Pepe Mujica, quen máis tarde se convertería en presidente de Uruguai.

Premios

  • Premio do público no Festival de Cine Latinoamericano de Biarritz 2018.

 

 

 

 

Duración: 
122 minutos
Información da billeteira: 

Entrada de balde previa retirada de convite no despacho de billetes do Teatro Principal desde 2 días antes do evento

Horario billeteira: 15.30 a 22.00 H

Funcións: 
Mércores, 7 Novembro, 2018
20:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural