ILLAS DESERTAS

DATOS BÁSICOS

ARTESA CÍA

EscenaGZ

DerivasePeregrinaxes

Idade recomendada: adultos

Lingua: galego

Illas desertas nace como resposta á competitividade e  produtividade dun mundo que só sabe camiñar nunha única  dirección: a de facernos produtivos e produtivas. O espectáculo propón unha travesía cara a nada, ancorada nas narrativas  transmedia e na poesía audiovisual, onde o público é parte  activa da peza.

Illas Desertas é unha experiencia inútil, unha  viaxe cara á nada, un canto ao fracaso, unha conquista do  inútil, unha viaxe interior. É habitar, abrir, reencontrarse con eses territorios ignotos que nos habitan interiormente e que  buscan saír á boia cando a vida nos sacude, cando nace ese  baleiro que o material non pode encher.

Por que non roubarlle  tempo á morte con esta aventura? A través do movemento,  das voces en off, da realización de cinema en directo, da  interpretación, do son, da poética dos obxectos, da construción de maquetas e do traballo con máscaras xéranse paisaxes  escénicas cunha enorme carga poética, salpicados das  experiencias e reflexións de dous aventureiros: a aviadora  Amelia Earhart e o explorador Ernest Shackleton.

Autor : Laura Villaverde & Roi Fernández

Dirección: ArtesaCía

Escenografía: Roi Fernández

Deseño son: Roi Fernández

Deseño iluminación: Héctor Pazos

Vestiario: Laura Villaverde e Carmen Carrera

Música: Roi Fernández

Elenco artístico: Laura Villaverde, Roi Fernández

 

"Para ter unha óptima experiencia no espectáculo "ILLAS DESERTAS" precísase que descargue  a app KALLIOPE no seu teléfono móbil con acceso a internet. No momento da representación o seu móbil formara parte do espectáculo, non o esqueza, Kalliope facilitará a súa interacción e inmersión no espectáculo. Kalliope está dispoñible gratuitamente para Android e para iPhone:

Android:

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.pangea.kalliope&hl=es_419

Apple Store (iPhone):

https://apps.apple.com/es/app/kalliope/id1116037649

 

Duración: 
75 min
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

12 euros

* Descontos do 50% para colectivos habituais

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 22 Abril, 2021
20:30
Teatro Principal
Venres, 23 Abril, 2021
20:30
Teatro Principal