ILLAS DESERTAS

DATOS BÁSICOS

ARTESA CIA

(Teatro interactivo)

 

Idade recomendada: ESO e Bacharelato

Duración: 60 min

Lingua: galego

 

Illas desertas nace como resposta un mundo competitivo que só sabe camiñar nunha única dirección: a de facernos produtivas. O espectáculo propón unha travesía cara a nada, ancorada na narrativa e na poesía audiovisual onde o público é parte activa da peza.

Illas Desertas é unha experiencia inútil, unha viaxe cara á nada, un canto ao fracaso, unha conquista do inútil, unha viaxe interior. É habitar, abrir, reencontrarse con eses territorios ignotos que nos habitan interiormente e que buscan saír á boia cando a vida nos sacude, cando nace ese baleiro que o material non pode encher. Por que non roubarlle tempo á morte con esta aventura?

A través do movemento, das voces en off, da realización de cinema en directo, da interpretación, do son, da poética dos obxectos, da construción de maquetas e do traballo con máscaras xéranse paisaxes escénicas cunha enorme carga poética, salpicados das experiencias e reflexións de dous aventureiros: a aviadora Amelia Earhart e o explorador Ernest Shackleton.

Dirección e dramaturxia / Laura villaverde e Roi Fernández Reparto / Laura villaverde, Roi Fernández​​, Susana Méndez, Héctor Pazos. Control técnico en directo /Susana Méndez. Coreografía / Artesa Cía Escenografía / Esther Quintas e ArtesaCía Iluminación / Héctor Pazos Vestuario / Esther Quintas e Artesa Cía Produción/ Laura Villaverde Fotografía / Alex Sobrino, Xisela Franco, Pedro Tizón Videocreación / Roi Fernández Cinema en directo / Roi Fernández Espazo sonoro / Roi Fernández, Héctor Pazos Música ao vivo / Héctor Pazos. Distribuidora / Urdime

Duración: 
60 min
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que enviaremos aos centros de ensino en setembro.

Funcións: 
Martes, 7 Febreiro, 2023
10:00
Teatro Principal
Martes, 7 Febreiro, 2023
12:00
Teatro Principal